Puerta del Sol, Vigo.A la izquierda edificio El Moderno de Pacewicz, en el centro edificio para las hermanas Salgueiro García-Barbón de Romualdo Madariaga y en el centro El Sireno de Leiro

jueves, 2 de diciembre de 2010

Obradoiro Iniciativas Emprendedoras.



BANCO DE IDEAS.

Os bancos de ideas no eido das iniciativas emprendedoras teñen como obxectivo coñecer diferentes estratexias de xeración e maduración de ideas emprendedoras.

Nas ligazóns adxuntas tes que seleccionar 1 proxecto emprendedor e elaborar un documento (mínimo 2 páxinas) no que tes que incluir estes apartados :

- NOME DO PROXECTO.
- AUTORES.
- EXPLICACIÓN DO PROXECTO.
- CAL É A RAZÓN POLA QUE O ESCOLLICHES.
- VALORACIÓN PERSOAL.






lunes, 22 de noviembre de 2010

Fotos Saída Serra do Candán-Aciveiro.








Aquí están algunhas fotos da saída do pasado 4 de novembro.

jueves, 11 de noviembre de 2010

Vigo, a cidade perdida


Vigo, a cidade perdida. Album fotográfico.

Visita virtual Capela Sixtina.





Na ligazón adxunta poderás visitala Capela Sixtina de xeito virtual.
Disfruta dunha das obras mestras do xenial Michelangelo Buanarrotti.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Saída didáctica Serra do Candán e o curso alto do Lérez.














Extensión mínima : 4 páxinas.
Prazo de entrega : 18 novembro de 2010.
Traballo a realizar :

A) XEOGRAFÍA FÍSICA.

1º) Debuxa un mapa de Galicia e sitúa a Serra do Candán. A continuación localiza todos os puntos xeográficos que lembres que divisamos desde o alto da serra en todas as direccións .
Podes localizar en google earth ou google maps a zona :

2º) Río Lérez.

Debuxa un mapa co curso do río Lérez (desde o seu nacemento até a súa desembocadura). Sinala a zona que estivemos a percorrer.

B) HISTORIA/ARTE MEDIEVAL.

1º) Mosteiro de Aciveiro.

Realiza un pequeno dossier se é posible ilustrado con fotos/debuxos do mosteiro no que inclúas cando se construíu, a súa relación co Císter, a súa historia até os nosos días, descrición do edificio ...

2º) Ponte Vella de Andón.

Realiza un breve traballo se é posible ilustrado con fotos/debuxos da ponte no que inclúas en que época construíuse, como é a súa estrutura....



C) PAISAXE NATURAL.

Pega as follas das árbores que recolliches, identificándoas e facendo unha breve reseña das súas características. Se lembras outras plantas, arbustos, etc inclúeas.

D) PAISAXE AGRARIA.

Fai unha pequena descrición da paisaxe agraria que observaches (tipo de parcelas, cultivos, características das vivendas, etc..)



lunes, 8 de marzo de 2010

Webquest Ética : A Revolución Francesa.


1. Introdución.

A Revolución francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da monarquía absoluta e a proclamación da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime. Aínda que a organización política de Francia oscilou entre república, imperio e monarquía durante 75 anos despois de que a Primeira República caese tras o golpe de estado de Napoleón Bonaparte, o certo é que a revolución marcou o final definitivo do absolutismo e deu a luz a un novo réxime onde a burguesía, e nalgunhas ocasións as masas populares, convertéronse na forza política dominante no país.

Dentro dos contidos da materia de Ética salienta a unidade sobre a democracia, tendo en conta que a Revolución Francesa abriu en Europa o proceso de transformación políticas e sociais que darán lugar ao inicio da Historia Contemporánea, na que a democracia ven a ser o sistema político propio dos nosos tempos, paga a pena realizar unha webquest sobre este movemento revolucionario.

2. Tarefa.

Realización e exposición dun traballo en grupos de catro alumnos, no que se contemplen os seguintes aspectos da Revolución Francesa:

- Causas e antecedentes da Revolución.
- Os Estados Xerais de 1789.
- A Asemblea Nacional.
- A toma da Bastilla.
- A abolición do feudalismo.
- Os últimos días da Asemblea Constituínte.
- A Asemblea Lexislativa e a caída da monarquía.
- A Convención.
- O Terror.
- Napoleón e a toma do poder.
- A bandeira francesa.
- A Declaración de Dereitos.

3. Proceso


- División do traballo: cada alumno dentro do grupo traballará 3 dos aspectos citados no apartado anterior.

- Posta en común: xuntaranse todos os apartados para discutilos entre o grupo e ver que aspectos son máis relevantes, en orde a completar ou resumir uns e outros, segundo o que o grupo enteiro decida.

- Desenvolvemento conxunto do índice, a introdución e as conclusións e opinións persoais ás que o grupo chegou sobre a Revolución Francesa.

- Anexión de imaxes significativas relacionadas co tema tratado, que ilustren a visión contemporánea do proceso, tanto dentro como fóra de Francia.

- Exposición en clase de todo o proceso seguido, así como do contido do traballo.

- Debate: procura de puntos en común aos que cheguen todos os alumnos nos seus respectivos traballos sobre a Revolución Francesa.


4. Recursos

http://es.wikipedia.org/wiki/revoluci%C3%B3n_francesa


http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/contextos/2439.htm

http://www.der.uva.es/constitucional/verdugo/revolucion_francesa.html

http://www.historywiz.com/frenchrev-mm.htm

http://www.fortunecity.es/imaginapoder/humanidades/587/contemporanea.htm


5. Avaliación

- Parte I ? nota do grupo (correspondente ao 40% da nota final): a cada grupo asignaráselle un número, de forma que, cando salga a expor, cada un dos grupos restantes poralle unha nota conxunta. A puntuación obtida será a media calculada entre as notas que outorgaron os alumnos, valorando tanto a riqueza de contidos como a exposición do traballo.

- Parte II ? nota do alumno (corresponde ao 60% da nota final): o profesor valorará o esforzo individual de cada alumno, independentemente do seu grupo, tendo en conta os aspectos que lle correspondeu tratar no traballo, así como a súa exposición individual dos mesmos.

- Nota final: será a suma da nota do grupo (valorada de 0 a 4) máis a súa propia (valorada de 0 a 6).


6. Conclusión

O obxectivo da realización deste traballo é que os alumnos sexan capaces de comprender como os procesos históricos de cambio son de extraordinaria complexidade polas súas causas, desenvolvemento, consecuencias, ritmo, formas, etc. e poden ser analizados e valorados desde perspectivas diferentes. Á vez, poderán valorar a dificultade do traballo en grupo a pesar das facilidades que o mesmo presenta.