1. Introdución.
A Revolución francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da monarquía absoluta e a proclamación da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime. Aínda que a organización política de Francia oscilou entre república, imperio e monarquía durante 75 anos despois de que a Primeira República caese tras o golpe de estado de Napoleón Bonaparte, o certo é que a revolución marcou o final definitivo do absolutismo e deu a luz a un novo réxime onde a burguesía, e nalgunhas ocasións as masas populares, convertéronse na forza política dominante no país.
Dentro dos contidos da materia de Ética salienta a unidade sobre a democracia, tendo en conta que a Revolución Francesa abriu en Europa o proceso de transformación políticas e sociais que darán lugar ao inicio da Historia Contemporánea, na que a democracia ven a ser o sistema político propio dos nosos tempos, paga a pena realizar unha webquest sobre este movemento revolucionario.
2. Tarefa.
Realización e exposición dun traballo en grupos de catro alumnos, no que se contemplen os seguintes aspectos da Revolución Francesa:
- Causas e antecedentes da Revolución.
- Os Estados Xerais de 1789.
- A Asemblea Nacional.
- A toma da Bastilla.
- A abolición do feudalismo.
- Os últimos días da Asemblea Constituínte.
- A Asemblea Lexislativa e a caída da monarquía.
- A Convención.
- O Terror.
- Napoleón e a toma do poder.
- A bandeira francesa.
- A Declaración de Dereitos.
3. Proceso
- División do traballo: cada alumno dentro do grupo traballará 3 dos aspectos citados no apartado anterior.
- Posta en común: xuntaranse todos os apartados para discutilos entre o grupo e ver que aspectos son máis relevantes, en orde a completar ou resumir uns e outros, segundo o que o grupo enteiro decida.
- Desenvolvemento conxunto do índice, a introdución e as conclusións e opinións persoais ás que o grupo chegou sobre a Revolución Francesa.
- Anexión de imaxes significativas relacionadas co tema tratado, que ilustren a visión contemporánea do proceso, tanto dentro como fóra de Francia.
- Exposición en clase de todo o proceso seguido, así como do contido do traballo.
- Debate: procura de puntos en común aos que cheguen todos os alumnos nos seus respectivos traballos sobre a Revolución Francesa.
4. Recursos
http://es.wikipedia.org/wiki/revoluci%C3%B3n_francesa
http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/contextos/2439.htm
http://www.der.uva.es/constitucional/verdugo/revolucion_francesa.html
http://www.historywiz.com/frenchrev-mm.htm
http://www.fortunecity.es/imaginapoder/humanidades/587/contemporanea.htm
5. Avaliación
- Parte I ? nota do grupo (correspondente ao 40% da nota final): a cada grupo asignaráselle un número, de forma que, cando salga a expor, cada un dos grupos restantes poralle unha nota conxunta. A puntuación obtida será a media calculada entre as notas que outorgaron os alumnos, valorando tanto a riqueza de contidos como a exposición do traballo.
- Parte II ? nota do alumno (corresponde ao 60% da nota final): o profesor valorará o esforzo individual de cada alumno, independentemente do seu grupo, tendo en conta os aspectos que lle correspondeu tratar no traballo, así como a súa exposición individual dos mesmos.
- Nota final: será a suma da nota do grupo (valorada de 0 a 4) máis a súa propia (valorada de 0 a 6).
6. Conclusión
O obxectivo da realización deste traballo é que os alumnos sexan capaces de comprender como os procesos históricos de cambio son de extraordinaria complexidade polas súas causas, desenvolvemento, consecuencias, ritmo, formas, etc. e poden ser analizados e valorados desde perspectivas diferentes. Á vez, poderán valorar a dificultade do traballo en grupo a pesar das facilidades que o mesmo presenta.